Plenergy Grupo, S.L., solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Plenergy Grupo, S.L.
Expediente: DH.W36.111417.
Concello: Ribadumia.
Descrición das obras: construción dunha unidade de subministración desatendida (gasolineira) na parcela con referencia catastral 8448906NH1084N0001ZS e na zona de policía, fóra da zona de servidume, do leito do rego da Armenteira (cód. río: 253035).
O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte ao da data de publicación Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no concello de Ribadumia ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 24 de marzo de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
