DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Xove (expediente DH.W27.107467).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Alejandro Balseiro Míguez.

NIF: ***3898**.

Expediente: DH.W27.107467.

Lugar: As Viñas.

Parroquia: Portocelo.

Concello: Xove.

Descrición das actuacións: demolición de parte do peche existente na zona de servidume, execución dun novo peche, restauración da parte do peche que non se derrube e cambio de localización dunha grella, na parcela con referencia catastral 27025A003000850000JL, na zona de policía e servidume dun rego innominado (id. 950140080386).

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, nº 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 25 de marzo de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña