A Presidencia de Portos de Galicia acorda iniciar o trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Lucus Market, S.L. de prórroga 1 por un investimento relevante non previsto na concesión administrativa con destino a centro comercial no porto de Viveiro-Celeiro (expediente 14-07-91-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, núm. 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A documentación está dispoñible na ruta web www.portosdegalicia.gal > Comunicacións e avisos > Procesos de información pública.
Lugo, 14 de abril de 2026
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
