De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase a Diego Santana Ortega, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 10 de marzo de 2026, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación Pilar, con matrícula 4ª-VI-8-45, depositada na zona de varada do porto de Tragove, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A resolución emítese por estar a embarcación varada en estado de abandono, sen reparacións nin actividade ningunha desde o 10 de maio de 2025, data en que foi trasladada desde o porto de Meira polo risco de afundimento. Así mesmo, o propietario incumpriu ordes previas de retirada enviadas pola Zona Sur e pola Presidencia de Portos de Galicia, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), unha vez que se notificou o acordo de iniciación e dentro do prazo concedido no trámite de audiencia non se formularon alegacións.
De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 215, do 13 de novembro), Portos de Galicia vai vender o buque e, de resultar a venda falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.
Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque, en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán por conta do propietario.
Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
