Mediante o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar 29 de xaneiro de 2026, adoptouse, entre outros, o Acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións, o axuste de rasantes interiores e a reordenación de volumes en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1, por instancia de Invertia Estate, S.L.
No certificado do Pleno figura a adopción dos seguintes acordos:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións, o axuste de rasantes interiores e a reordenación de volumes en parcelas da fase 2 do Plan parcial Zapateira 1, versión de novembro de 2025, con data ERC 21.11.2025 (202599900010919 e 202599900010923).
Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, con indicación expresa de que o contido íntegro do documento estará á disposición do público na sede electrónica do Concello de Arteixo (sede.arteixo.org). Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.
Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, para o que se remitirá un exemplar en formato dixital, debidamente dilixenciado.
Cuarto. Unha vez recibido o certificado de inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, publicar, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, de conformidade co disposto no artigo 82.3 da LSG.
Quinto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do estudo de detalle a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.
Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, poderase consultar a documentación íntegra aprobada definitivamente na seguinte ligazón: https://sede.arteixo.org/sxc/es/informacion/
Réxime de recursos:
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Arteixo, 2 de marzo de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
