Con data do 16.2.2026 ditouse resolución co número 382/2026, relativa ao asunto de «aprobación inicial do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas para Instalacións deportivas en Morás. (Expediente 7/2018.PEDI), onde se resolve:
Primeiro. Avocar a competencia asumida pola Xunta de Goberno Local, en virtude do disposto na Resolución desta alcaldía de delegación de competencias con data do 19.6.2023, para coñecer do procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización, hoxe en concreto o contido no expediente 2019/U035/00003, de conformidade co disposto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, e 116 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real decreto 2868/1986, do 28 de novembro.
Segundo. Asumir a competencia para coñecer do procedemento 2019/U035/000003 por esta alcaldía presidencia.
TERCEIRO. Publicar esta resolución no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo de que produza efectos desde o mesmo día da súa sinatura, de conformidade co disposto no artigo 44.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
CUARTO. Notificar esta resolución aos interesados no procedemento, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
QUINTO. Dar conta desta resolución á Xunta de Goberno Local, na seguinte sesión que se realice.
SEXTO. Aprobar inicialmente o Plan Especial de Dotacións e Infraestructuras para instalacións deportivas en Morás, presentado o día 10.2.2026 (202699900001381), para a súa aprobación inicial pola entidade Fernández Carballada y Asociados, S.L.P., e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, que substitúe o presentado o día 12.1.2026.
SÉTIMO. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o devandito período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se xulguen pertinentes, estando ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello.
OITAVO. Suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, que abrangue a totalidade do ámbito de actuación do plan que está determinado no documento denominado resumo executivo e terá unha duración de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do Plan especial.
Esta suspensión non será de aplicación:
– Ás obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio, non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.
– Ás licenzas de primeira ocupación.
– Aos proxectos que cumpran simultaneamente o PXOM en vigor e o Plan especial en tramitación, sempre que este fose aprobado inicialmente.
– Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, coa condición de que se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados no Plan especial.
NOVENO. Notificar individualmente o trámite de información pública a toda as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
DÉCIMO. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial:
– Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable.
– Axencia Galega de Infraestruturas.
– Augas de Galicia.
– Patrimonio Cultural.
– Ministerio de Transformación Dixital e Administración Pública (telecomunicacións).
Os informes sectoriais autonómicos terán que ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable.
Deben actualizarse aqueles informes das empresas subministradoras susceptibles de actualización.
Dando cumprimento aos puntos terceiro e sétimo, publícase anuncio no Boletín Oficial da Coruña, no Diario Oficial de Galicia e en El Ideal Galego.
Dando cumprimento aos puntos cuarto e noveno, intentouse a notificación a todos os titulares catastrais, fóra de:
1. Parcelas en investigación.
|
Referencia catastral |
Titular |
|
15005A069001570000PB |
En investigación |
|
15005A069001610000PY |
En investigación |
|
15005A069001620000PG |
En investigación |
|
15005A069001630000PQ |
En investigación |
|
15005A069001640000PP |
En investigación |
|
15005A077000180000PO |
En investigación |
2. Titulares con enderezo descoñecido:
|
Referencia catastral |
Titular |
|
15005A077000720000PA |
Campelo Cereijo José |
|
15005A077000370000PA |
Casas Pombo Carmen |
|
15005A077000190000PK |
Ferreiro Fernández Pilar |
|
15005A069001630000PQ |
Iglesias Blanco Dolores |
|
15005A077000100000PY |
Iglesias Puente Domingo |
|
15005A077000220000PK |
Iglesias Sánchez José |
|
15005A077000490000PM |
Iglesias Viñas Manuel |
|
15005A077000270000PJ |
López Trigo Pedro, hdros. |
|
15005A077000130000PP |
Martínez Domingo |
|
15005A077000250000PX |
Martínez Orgeira José, hdros. |
|
15005A077000260000PI |
Martínez Orjeira Jesús |
|
15005A077000670000PH |
Pardo Orjeira José, hdros. |
|
15005A077000090000PQ - 15005A077000230000PR |
Pombo Capelán Manuel, hdros. |
|
15005A077000320000PS |
Viñas Bermúdez Carmen hdros. |
Dando cumprimento ao punto quinto, deuse conta da resolución á Xunta de Goberno Local que tivo lugar o mércores 25 de febreiro de 2026.
Arteixo, 2 de marzo de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo
