De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
30.3.2026 |
36041A028011870000OO |
Tras Pallal. Poio/Pol. 28, parc. 1187 |
Celestino Balboa Silva |
|
36041A028011800000OG |
Tras Pallal. Poio/Pol. 28, parc. 1180 |
Celestino Balboa Silva |
|
|
36041A028011780000OQ |
Cortizas. Poio/Pol. 28, parc. 1178 |
Ángel Couselo Soto |
|
|
36041A028011610000OD |
Fonte. Poio/Pol. 28, parc. 1161 |
Gumersinda Balboa Silva |
|
|
36041A028011590000OX |
Cortes. Poio/Pol. 28, parc. 1159 |
En investigación |
|
|
36041A028011800000OG |
Cortizas. Poio/Pol. 28, parc. 1168 |
Celestino Balboa Silva |
|
|
36041A028011670000OZ |
Cortizas. Poio/Pol. 28, parc. 1167 |
Gumersinda Balboa Silva |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que nas actas de inspección referenciadas se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, disponen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronza, empillado e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha. afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
891/2026 (xMA 26/022) |
36041A028011870000OO |
0,0243 |
86,16 |
|
36041A028011800000OG |
0,0102 |
36,17 |
|
|
36041A028011780000OQ |
0,0060 |
21,27 |
|
|
36041A028011610000OD |
0,0016 |
5,67 |
|
|
36041A028011590000OX |
0,0103 |
36,52 |
|
|
36041A028011680000OU |
0,0049 |
17,37 |
|
|
36041A028011670000OZ |
0,0160 |
56,73 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 30 de marzo de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
