DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade das persoas responsables da xestión de biomasa ou se ignora o lugar de notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización

polígono/parcela

Persoa responsable

29.7.2025

36048A073002230000FZ

73/223

Jesús Rotea Martínez

17.3.2026

36048A016050000000FD

16/5000

Descoñecida

7.8.2025

36048A024000450000FG

24/45

Cardosos

8.8.2025

36048A024000490000FT

24/49

Dolores Álvarez Alonso

18.8.2025

36048A050000690000FK

50/69

Hros. José Rodríguez Otero

17.3.2026

36048A050003700000FS

50/370

Descoñecida

15.10.2025

36048A050007320000FQ

50/732

Hros. David Alonso Arzúa

15.10.2025

36048A050005030000FB

50/503

Descoñecida

17.10.2025

36048A050004150000FT

50/415

Descoñecida

17.10.2025

36048A050004080000FG

50/408

Descoñecida

20.10.2025

36048A050004040000FW

50/404

Descoñecida

21.10.2025

36048C503005800000QJ

503/580

Hros. Ignacio Carrera Gómez

28.10.2025

36048A023000050000FQ

23/5

Esperanza González Gándara

21.11.2025

36048A037004060000FU

37/406

Hros. César Vaz Núñez

11.12.2025

36048A014002660000FU

14/266

Juan Martínez Alonso

1º En virtude do que antecede, comunícaselles que nas actas de inspección referenciada se comprobou que nas referidas parcelas se incúmpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistiren no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estra completadas antes do primeiro día de abril.

2º. Comunicar a obriga de poñer en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

3º. Advertir que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido dito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou poderase proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

4º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro años posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Procederase á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de exp.

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

1120/2025

36048A073002230000FZ

0,0514

3.545,82 €

182,16 €

270/2025

36048A016050000000FD

0,0833

3.545,82 €

295,36 €

1159/2025

36048A024000450000FG

0,0298

3.545,82 €

105,72 €

1170/2025

36048A024000490000FT

0,0288

3.545,82 €

102,20 €

1181/2025

36048A050000690000FK

0,0136

3.545,82 €

48,38 €

1184/2025

36048A050003700000FS

0,1499

3.545,82 €

531,45 €

1475/2025

36048A050007320000FQ

0,0163

3.545,82 €

57,72 €

1374/2025

36048A050005030000FB

0,0349

3.545,82 €

123,66 €

1489/2025

36048A050004150000FT

0,0132

3.545,82 €

46,79 €

1502/2025

36048A050004080000FG

0,0264

3.545,82 €

93,47 €

1511/2025

36048A050004040000FW

0,0881

3.545,82 €

312,40 €

1515/2025

36048C503005800000QJ

0,0974

1.688,89 €

164,54 €

1588/2025

36048A023000050000FQ

0,1249

874,91 €

109,26 €

1706/2025

36048A037004060000FU

0,1849

3.545,82 €

655,49 €

1827/2025

36048A014002660000FU

0,0107

3.545,82 €

37,90 €

5º A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao inicio do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción o daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

6º. No caso de persistir o incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

7º. Informar de que, contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderán interpoñer os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun (1) mes contando a partir do día seguinte ao desta notificación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, se non se interpuxese o de reposición.

• Calquera outro que xulgue conveniente baixo a súa responsabilidade.

O Rosal, 30 de marzo de 2026

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa