DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24382

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de declaración de caducidade da oferta de emprego público 2023 non executada.

A Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial da Coruña, en sesión ordinaria que tivo lugar o 18 de marzo de 2026, adoptou, entre outros acordos, o Acordo de declarar a caducidade da oferta de emprego público do ano 2023 non executada dentro do prazo de tres anos, en cuxa parte dispositiva se fai constar:

«Primeiro. Declarar a caducidade das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Acordo da Xunta de Goberno, do 9 de marzo de 2023, e publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 24 de marzo de 2023, por haber transcorrido o prazo improrrogable de tres anos para a súa execución previsto no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público:

Código da praza

Grupo

Denominación da praza

Núm. de prazas

Quenda

1.1.1.43

A1

Técnico da Administración xeral

1

Libre

1.1.124.1

C1

Técnico de son

1

Libre

1.1.85.2

C2

Cociñeiro/a

1

Libre

1.1.78.4

AP

Telefonista

1

Libre

1.1.1.50

A1

Técnico da Administración xeral

1

Libre

1.1.146.2

A1

Administrador/a

1

Libre

1.1.90.3

AP

Camareiro/a

1

Libre

Segundo. Deixar sen efecto a posibilidade de convocar os procesos selectivos correspondentes ás prazas declaradas caducadas con cargo á mencionada oferta de emprego público de 2023.

Terceiro. Notificarlles esta resolución a todas as persoas interesadas mediante publicación do acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña, Diario Oficial de Galicia e Portal de transparencia, así como ás dependencias afectadas e á Intervención provincial para o seu coñecemento e para os efectos oportunos, e realizaranse as anotacións pertinentes nos expedientes de planificación de persoal».

A Coruña, 27 de marzo de 2026

O presidente da Deputación
Provincial da Coruña
P.D. (Resolución núm. 32898, do 29.8.2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado da Deputación Provincial da Coruña

Miguel Iglesias Martínez
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña