DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24384

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO das bases do Premio Otero Pedrayo 2026.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 57, do 26 de marzo de 2026, publicáronse as bases da convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2026, que tramita esta deputación en colaboración coas restantes deputacións provinciais e coa Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 27 de xuño de 2026.

As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na páxina web da Deputación Provincial da Coruña, publicación BOP, bases Premio Otero Pedrayo 2026.

A Coruña, 31 de marzo de 2026

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial
da Coruña

Paula María Vázquez Carrasco
Secreteraria xeral da Deputación Provincial
da Coruña en funcións