DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24385

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de provisión de varios postos de traballo de xefaturas de servizo desta deputación.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 59, do 27 de marzo de 2026, publicáronse as bases das convocatorias para provisión dos seguintes postos de traballo, polo sistema de libre designación:

– Xefatura do Servizo de Asesoría Xurídica.

– Xefatura do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

– Xefatura do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 27 de marzo de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral