DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 1 de abril de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis
(Vilasantar-A Coruña)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

47361817X

477

Resolución do 19.2.2026

76514824B

574

Resolución do 25.2.2026

54037768G

593

Resolución do 19.2.2026

54037767A

593

Resolución do 19.2.2026