DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín, Pontevedra).

Ponse en coñecemento das persoas interesadas na reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín, Pontevedra) que, con data do 30 de marzo de 2026, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, mediante este acto apróbase o Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Cercio (Lalín, Pontevedra).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 7 de abril de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra