DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24298

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física pack test para o procedemento de elección de destino de determinados postos de traballo do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal.

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 68, do 14 de abril), da Dirección Xeral da Función Pública, convocáronse para a elección do destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro).

Ao abeiro do disposto no punto décimo primeiro da Resolución do 13 de abril de 2026, convócanse as persoas aspirantes que no procedemento de elección de destino soliciten unha praza definida na RPT coa observación «R.I.: proba física pack test» para o día 23 de abril de 2026, a partir das 10.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete, de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20, Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único, segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos

As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas do seu DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan ningunha enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.

O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal