DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto para a creación de parque e urbanización da zona verde prevista polo Plan xeral de ordenación urbanística na unidade de actuación 23, no concello de Pontevedra (expediente 2024/0242).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de abril de 2026 do proxecto para a creación de parque e urbanización da zona verde prevista polo Plan xeral de ordenación urbanística na unidade de actuación 23, no concello de Pontevedra (Pontevedra), promovido polo Concello de Pontevedra.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade