DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se notifica a resolución de baixa de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia da autorización de xestor de valorización de residuos non perigosos (expediente 2025-SC-M-00458).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentarse sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular sinalado no dito anexo a resolución de baixa de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia da autorización de xestor de valorización de residuos non perigosos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Subdirección de Residuos e Economía Circular, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2025-SC-M-00458.

Titular: Valeriano Óscar Sánchez Romero.

Acto notificado: resolución de baixa de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia da autorización de xestor de valorización de residuos non perigosos.

Data do acto administrativo: 19.11.2025.