De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A36.06829 e dez máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
DH.A36.06829 |
Comunidade de Usuarios de Barcoa |
27.2.2026 |
|
DH.A36.9640 |
Comunidade de Usuarios Outeiro do Pazo |
27.2.2026 |
|
DH.A36.11799 |
José Castro Comesaña |
27.2.2026 |
|
DH.A36.12550 |
Eladio Mosquera López |
27.2.2026 |
|
DH.A15.23463 |
José Reboredo Vilariño |
27.2.2026 |
|
DH.A36.12454 |
María Flora Castro Otero |
27.2.2026 |
|
DH.A36.14448 |
María del Carmen Fresco Reboredo |
27.2.2026 |
|
DH.A15.22954 |
José Castro Cela |
27.2.2026 |
|
DH.A15.23642 |
Rafael Ameijeiras García |
27.2.2026 |
|
DH.A15.26119 |
José Orlando Martínez Gómez |
27.2.2026 |
|
DH.A36.12226 |
Esther Liste Fernández e José Ignacio Liste Fernández |
27.2.2026 |
