DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A36.04751 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminitracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A36.04751 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A36.04751

Comunidade de Usuarios de Veiga da Fonte

9.3.2026

DH.A36.5746

Comunidade de Regantes Presa dos Caneiros

9.3.2026

DH.A36.14308

SAT Boviporc nº 1237 XUGA

9.3.2026

DH.A36.14379

Daniel Castro Brey

9.3.2026

DH.A36.14164

José Luis Souto Martiñeira e Manuel Castro Villar

9.3.2026

DH.A36.13014

Sabino Muñiz Pousada

9.3.2026

DH.A36.12839

Beatriz Hermida López

9.3.2026

DH.A36.15377

Comunidade de Usuarios Chan do Marco

9.3.2026

DH.A36.15393

Eugenio Tejerina Echevarría

9.3.2026