DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a incoación do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario 87/2025-CO e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), notificámoslle ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B) (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada, e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer no prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en diante, BOE), na sede deste servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo, sen que estas persoas comparecesen, entenderemos producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.

No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.

Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 1 de abril de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Estrada

87/2025-CO

32705337G

AC-102, As Felgosas (AC-862)-Esteiro (AC-566), p.k. 6+000

102/2025-CO

32436875K

AC-542, Betanzos (AC-840)-O Mesón do Vento (N-550), p.k. 10+300

112/2025-CO

78787657F

AC-840, Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640), p.k. 13+800

124/2025-CO

X4552647G

AC-173, Perillo (N-VI)-Mera (AC-163), p.k. 6+440

156/2025-CO

76414040J

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.k. 22+200

178/2025-CO

32714789A

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.k. 7+900

184/2025-CO

76289284D

AC-523, Culleredo (A-6)-Meirama, p.k. 10+600