DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2026, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación de resolución do expediente de reclamación de danos RD/PO-053/2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada relacionada no anexo o acto que se indica no expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a súa notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento dun prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, se é o caso.

Para que conste e sirva de notificación a persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 8 de abril de 2026

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-053/2025

Juan Manuel Rodríguez García

Resolución do expediente

PO-504 (Sanxenxo-Vilalonga)