De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de novembro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante o Servizo de Consumo de Ourense, sito na avenida de Zamora, 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 8 de abril de 2026
Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001-039-2026.
Persoa interesada: *****************.
CIF/NIF: 44482662H.
Acto notificado: acordo de inicio dun expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado: pola xefa do Servizo de Consumo de Ourense.
Expediente: 32S001-025-2026.
Persoa interesada: Inmoinversa 2024, S.L.
CIF/NIF: B16499188.
Acto notificado: proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado: polo instrutor do procedemento sancionador.
Expediente: 32S001-019-2026.
Persoa interesada: ****************.
CIF/NIF: 34320692T.
Acto notificado: proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado: polo instrutor do procedemento sancionador.
Expediente: 32S001-021-2026.
Persoa interesada: Miniprice Express, S.L.
CIF/NIF: B36989127.
Acto notificado: proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de consumo.
Acto adoptado: polo instrutor do procedemento sancionador.
