DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24442

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de abril de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia resulta da necesidade de dar cumprimento ás obrigas derivadas dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de bioloxía e de ciencias do mar, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 13 de abril de 2026, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de abril de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file