A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas xustifícase pola necesidade de adaptala aos cambios introducidos polo Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, modificado polo Decreto 48/2025, do 16 de xuño, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, considérase máis axeitada unha publicación completa e non parcial desta, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións foron aprobadas en modificacións anteriores polo Consello da Xunta.
En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 13 de abril de 2026, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de abril de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
