DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 8 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución sobre o dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2021/1924-3 e dez máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense na avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, Ourense) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 8 de abril de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. expediente

DNI/Equivalente

PR204A2021/1924-3

44446257E

PR204A 2025/3659-3

Y3658216B

PR204A 2025/3752-3

44496455B

PR204A 2025/4268-3

X3937265X

PR204A 2025/4651-3

22584879Y

PR204A 2026/0435-3

34984981A

PR204A 2026/0461-3

44467076A

PR204A 2026/0573-3

34981142M

PR204A 2026/0660-3

Y9026322D

PR204A 2026/0905-3

55478652F

PR204A 2026/0921-3

04220989Y