DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de abril de 2026, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02352-O-2025 e un máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-02352-O-2025 e un máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra, sito no edificio administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 6 de abril de 2026

Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02352-O-2025

1416-MZB

44210345K

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

16.7.2025; 8.10.00; AP-9; 159,0

Art. 199.9 ROTT

Art. 142.8 LOTT

Art. 201.b) ROTT

Art. 143.1 LOTT

201 euros

PO-03040-S-2025

5449-DWK

07184249S

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.11.2025; 12.40.00; travesía de Vigo, 171

Art. 141.25 en relación co 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros