Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio son informados os titulares que figuran no cadro anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado I do proxecto de regulamentación LMTA FRI801 no tramo entre os apoios núm. 62-48 e 62-52, no concello de Cortegada.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 9 de abril de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/92-3.
Instalación: Modificado I do proxecto de regulamentación LMTA FRI801 no tramo entre os apoios núm. 62-48 e 62-52.
Concello: Cortegada.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data dos depósitos previos: 26 de marzo de 2026.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
Prado |
32028A013001810000DM |
Herdeiros de Preciosa Rodríguez Rodríguez |
|
2 |
Muíños |
32028A075003220000DM |
Carmen Rodríguez Ventura |
