De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 7 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para asinar o contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas de maternidade ou paternidade, situacións en que se poderá asinar o contrato.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite unha resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Campus |
Quenda |
|
1 |
***0229** |
Pazos Campos, Eloy |
PL000279 |
Técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións. Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións |
Lugo |
Xornada partida |
