DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24818

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en varias categorías de persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde.

Advertido un erro na relación de categoría/especialidade, prazas e titulación de acceso incluídas no anexo I da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 71, do venres 17 de abril de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:

No anexo I, na páxina 23675, onde di:

Categoría/Especialidade

Acceso libre

Promoción interna

Reserva

discapacidade

Total

Titulación

Facultativo/a Especialista de Área de Oftalmoloxía

1

1

2

Título oficial da especialidade de Oftalmoloxía

Debe dicir:

Categoría/Especialidade

Acceso libre

Promoción interna

Reserva

discapacidade

Total

Titulación

Facultativo/a Especialista de Área de Oftalmoloxía

1

1

Título oficial da especialidade de Oftalmoloxía