DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24816

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado pola Orde do 27 de marzo de 2026.

No Diario Oficial de Galicia número 63, do 7 de abril de 2026, publicouse a Orde do 27 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e de acordo co regulado na dita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local, convocados pola Orde do 27 de marzo de 2026.

Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, https://agasp.xunta.gal:

– A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas.

– A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión.

– A listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.

As persoas excluídas e as persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 22 de abril de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública