DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación do proxecto de execución denominado Regularización viaria na travesía de Oseiro e inicio do expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos afectados polas obras (expediente 2026/U040/000001).

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que, con data do 9 de abril de 2026, mediante a Resolución de Alcaldía número 870/2026, foi aprobado inicialmente o proxecto da obra denominada Regularización viaria na travesía de Oseiro.

Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por período dun mes, o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como a fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titular catastral

Exprop. def. (m2)

1

1664530NH4916S0001FG

Míguez Souto Antonio

17,3

Míguez García Nicolás

Míguez García Paula María

2

1664532NH4916S0001OG

Míguez Souto Santiago

22,4

Gómez Naya Aurelia

3

1664533NH4916S0001KG

Míguez Souto José María

33,15

4

1664534NH4916S0001RG

Míguez Souto Santiago

214,4

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na Sede Electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, sirva esta de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 10 de abril de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural