DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24896

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para cubrir dúas prazas de técnico/a de educación infantil para a escola infantil municipal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 67, do 13 de abril de 2026, e na sede electrónica do Concello de San Cibrao das Viñas (sancibrao.sedelectronica.es) publicáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas como persoal laboral fixo:

Categoría laboral

Especialidade

Nº de vacantes

Denominación

Grupo III

Técnico/a de educación infantil

2

Educador/a infantil

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello: http://sancibrao.sedelectronica.es e, de ser o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

San Cibrao da Viñas, 14 de abril de 2026

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa