BDNS (Identif.): 899545.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/899545
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado maior de 18 anos que cumpra o requisito de estar admitido na seguinte microcredencial: Excel avanzado e análise de datos: dos fundamentos á integración con Power BI (docencia virtual).
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é o financiamento dunha parte dos prezos públicos de matrícula das microcredenciais incluídas no Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, no curso académico 2025/26.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 15 de abril de 2026 pola que convocan as bolsas Santander-Microcredenciais, primeira edición 2026.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e dous mil euros (32.000,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 17 de abril ata o 20 de maio de 2026.
Vigo, 15 de abril de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Alfonso Lago Ferreiro
Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente
