No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso 135/2026 (procedemento ordinario), interposto por Juan Carlos Gil Gallego contra:
– A desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 23 de maio de 2025 por Ana María Rojas Jiménez e Juan Carlos Gil Gallego fronte á Resolución do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento de persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e nas categorías de médico/a coordinador do 061, médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 77, do 23 de abril) (categoría: facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico).
– A Resolución do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
