No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza nº 1 da Coruña, tramítase o recurso 66/26 (procedemento abreviado), interposto por Gloria Hernández Valdés contra a Resolución do 22 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 179, do 17 de setembro) (categoría: fisioterapeuta).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
