Ponse en coñecemento das persoas propietarias e demais interesadas na zona de reestruturación parcelaria de Riomol (Castroverde, Lugo), declarada de utilidade pública polo Decreto 192/2022, do 13 de outubro (DOG núm. 215, do 11 de novembro), o seguinte:
Primeiro. O 30 de marzo de 2026, a directora xeral de Desenvolvemento Rural acordou:
• Incluír no perímetro da zona de reestruturación parcelaria as parcelas 219, 220 e 221 do polígono 2, e excluír as parcelas 1 e 6 do polígono 1 e 122, 123, 124 e 125 do polígono 4 das bases de reestruturación parcelaria da zona de Riomol (Castroverde, Lugo).
• Aprobar as bases de reestruturación parcelaria da zona.
• Aprobar o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria da zona.
Segundo. As bases de reestruturación parcelaria e a aprobación do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria serán notificadas individualmente a cada unha das persoas propietarias e estarán expostas ao público no Concello de Castroverde e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos).
Terceiro. De acordo co que dispoñen os artigos 20 e 27 da Lei 4/2015, de 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de recepción da notificación individual ou publicación substitutiva.
Lugo, 8 de abril de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
