En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Bande, no concello de Bande, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 12 de xuño de 2024 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Alfredo Randino Bouza e outra persoa, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas De Bande.
Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para efectuar as alegacións.
Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentaron escritos de alegacións o Concello de Bande e Cristina Prada González. O Concello manifesta a súa oposición á clasificación das parcelas catastrais 32007A04900211, 32007A04900214 e 32007A09900406. Como proba do seu dereito xunta unha certificación do secretario municipal, relativa á inscrición das parcelas no inventario de bens municipais, así como notas simples do Rexistro da Propiedade.
Nas citadas instalacións sitúanse bens de presumible titularidade municipal, como o cemiterio municipal de Bande, dous depósitos para o abastecemento de auga e unha construción adicada ao punto limpo.
O Xurado Provincial considera que quedou acreditada a titularidade municipal dos predios mencionados, os cales están inscritos tanto no Rexistro da Propiedade como no inventario de bens municipais do Concello. Polo que acorda a súa exclusión da resolución de clasificación.
Pola súa parte, Cristina Prado González reclama unha parcela que alberga (xunto coas parcelas 32007A08700593, 32007A08700595, 32007A08700596 e 32007A08700597, 32007A08700598) unha área recreativa. En apoio do seu dereito unicamente achega un pacto de mellora, sen que presente ningún outro documento que acredite a propiedade da parcela reclamada. Polo que o Xurado Provincial considera que procede desestimar a alegación formulada por Cristina Prado González.
Con base no exposto, o Xurado acorda a clasificación do monte, unha vez publicado polo Concello o edicto do inicio da clasificación como monte veciñal en man común polo período dun mes sen que se presentasen alegacións, publicado tamén o edicto no DOG e recibida a certificación do Rexistro da Propiedade.
Faise constar que no presente expediente abstívose o presidente do Xurado, José Antonio Armada Pérez, pola súa condición de antigo alcalde do Concello de Bande.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: «De Bande».
Superficie: 3,58 ha.
Pertenza: veciños(as) de Bande.
Parroquia: San Miguel de Bande (San Pedro).
Concello: Bande.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1.
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no art. 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas RR.CC. 32007A04909001 e 32007A04909007.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32007A08700564 32007A08700565 32007A08700566 32007A08700592 32007A08700593 32007A08700594 32007A08700595 32007A08700596 32007A08700597 32007A08700598 32007A08700599 32007A08700600 32007A08700601 32007A08700602 32007A08700603 32007A08700885 32007A08700909 |
Norte |
32007A08709004 32007A04909001 |
|
Leste |
32007A04909001 32007A04909007 32007A04909008 32007A04900215 32007A04900162 32007A04900163 32007A04900164 32007A04909001 |
|
|
Sur |
32007A04909001 32007A08709013 |
|
|
Oeste |
32007A08700604 32007A08700605 32007A08700606 32007A08700607 32007A08700608 32007A08700609 32007A08700610 32007A08700611 32007A08700619 32007A08700620 32007A08709004 |
|
Predio 2.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32007A09900407 (parte) |
Norte |
32007A09809003 32007A09900407 (resto) 32007A09900472 32007A09900473 32007A09900418 |
|
32007A09900407 (parte) |
Leste |
32007A09900418 32007A09900417 32007A09900416 32007A09900415 |
|
Sur |
32007A09900415 32007A09900414 32007A09900413 32007A09909010 |
|
|
Oeste |
32007A09809003 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por maioría dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado De Bande, no concello de Bande, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 9 de abril de 2026
Jose Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
