DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada de Safety Kleen España, S.A., para o Centro de Transferencia de Residuos en Santiago de Compostela (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: centro de transferencia de residuos

Procedemento: revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

Titular: Safety Kleen España, S.A.

Expediente: 2024-IPPC-M-72

Localización: concello de Santiago de Compostela (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2024-IPPC-68-282

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2014-IPPC-I-68) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade