Mediante a Resolución reitoral do 10 de novembro de 2025 (DOG do 24 de novembro e BOE do 4 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades deportivas, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral, e se lles convoca ao primeiro exercicio.
Mediante a Resolución reitoral do 8 de xaneiro de 2026 (DOG do 20 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.
Rematado este prazo e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exame (proba de lingua galega) da fase de oposición o día 27 de maio de 2026, ás 10.00 h na salas de xuntas María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación. Campus Norte. Avenida Xoán XXIII, s/n, 15782 Santiago de Compostela.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un (1) mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
