DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25089

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar equipos de raios X, grupo II, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de maio de 2025.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 28 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar equipos de raios X, grupo II, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar equipos de raios X, a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4348**

Otero Castro, María del Carmen