En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Regulamentación da LMTA CCH803 no tramo entre os apoios núm. 53 e núm. 53-A-8.
Situación: lugar de Baldemir, concello de Lobeira.
Características principais recollidas no proxecto:
• Desmonte, na LMTA CCH803, de 1.127 m do condutor do tipo LA-30 existente entre os apoios núm. 53 e núm. 53-A-8. Desmonte do apoio núm. 53-A-4.
• Substitución, na mesma liña, dos apoios núm. 53-A-2, núm. 53-A-3, núm. 53-A-5, núm. 53-A-6, núm. 53-A-7 e núm. 53-A-8 por seis novos apoios de celosía metálica, do tipo C-14/2000, C-14/1000, C-14/1000, C-14/3000, C-18/1000 e C-16/7000 respectivamente. Instalación de dous novos apoios (núm. x-1 e núm. x-2) de celosía metálica, do tipo C-14/1000, intercalados entre o apoio núm. 53-A-3 e o apoio núm. 53-A-5.
• Tendido de 584 m de novo condutor do tipo LA-56 entre o apoio núm. 53 e o apoio núm. 53-A-6 e tendido de 558 m de novo condutor do tipo LA-110 entre o apoio núm. 53-A-6 e o apoio núm. 53-A-8.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 18.2.2026.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 30 de marzo de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2026/024-3.
Situación: lugar Baldemir, concello de Lobeira.
Denominación da instalación: Regulamentación da LMTA CCH803 no tramo entre os apoios núm. 53 e núm. 53-A-8.
|
Predios |
Propietarios |
Ref. catastral |
Afección apoio |
Servidume de voo |
Canalización soterrada |
|||||
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº |
Superficie ocupada (m2) |
Lonx. mts |
Sup. afectada m2 |
Lonx. mts |
Sup. afectada m2 |
|
|
1 |
Serodia |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028006280000XM |
53-A-2 |
2 |
6 |
19 |
||
|
2 |
Barreiros |
Prado |
Julia Silva Domínguez |
32042A028006050000XI |
53-A-3 |
2 |
3 |
22 |
||
|
3 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005730000XD |
26 |
418 |
||||
|
4 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005700000XO |
11 |
143 |
||||
|
5 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005710000XK |
2 |
81 |
||||
|
6 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005810000XS |
0 |
45 |
||||
|
7 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005690000XR |
18 |
237 |
||||
|
8 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005680000XK |
44 |
637 |
||||
|
9 |
Barreiros |
Prado |
Hdros. de Félix Paz Álvarez |
32042A028005670000XO |
0 |
49 |
||||
|
10 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005610000XQ |
42 |
828 |
||||
|
11 |
Barreiros |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028005640000XT |
0 |
58 |
||||
|
12 |
Barreiros |
Prado |
Hdros. de Benito Silva Rodríguez |
32042A028005620000XP |
37 |
435 |
||||
|
13 |
Ribel |
Prado |
Hdros. de Eligio Domínguez Domínguez |
32042A024000020000XS |
0 |
2 |
||||
|
14 |
Ribel |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A024000040000XU |
6 |
145 |
||||
|
15 |
Muíño Vello |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028006600000XL |
14 |
230 |
||||
|
16 |
Muíño Vello |
Prado |
Descoñecido/a |
32042A028006610000XT |
0 |
26 |
||||
|
17 |
Muíño Vello |
Prado |
Hdros. de Félix Paz Álvarez |
32042A028006620000XF |
17 |
248 |
||||
|
18 |
Muíño Vello |
Prado |
Hdros. de Jaime González Bernardo |
32042A028006630000XM |
10 |
143 |
||||
|
19 |
Muíño Vello |
Prado |
Rosa Vázquez Vázquez |
32042A028006950000XM |
53-A-5 |
2 |
||||
