DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Bola (expediente IN407A 2026/025-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Instalación de reconectador TC na LMTA CEL804 no apoio núm. 62-29-1

Situación: lugar de Barreal, concello da Bola.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMTA CEL804, do apoio núm. 62-29-1, do tipo HV, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-16/2000, no que se instala un reconectador telecontrolado. Substitución do condutor entre o apoio existente núm. 62-29 e o novo apoio núm. 62-29-1 por 69 m de novo condutor LA-56. Substitución do apoio núm. 62-29-2, do tipo HV, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-16/1000.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 4.3.2026.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 30 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2026/025-3.

Situación: lugar de Barreal, concello da Bola.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA CEL804 no apoio núm. 62-29-1.

Predio núm. en proxecto: 1; Referencia catastral: 32015A501008190000KU.

Lugar: Regueiro Darriba.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Amandino Pereira Pérez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 62-29-1.