De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.472.0, da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento TR341D).
As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de persoas beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/809175/concesiones
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
