DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25006

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria extraordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria extraordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 7 de maio de 2026, mediante videoconferencia, de conformidade co previsto no artigo 21.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración