DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO da modificación de uso da parcela dotacional do CEIP de Sigüeiro, do campo de fútbol Lino Balado e do centro deportivo Juanito Amigo (expediente 2025/X999/000157).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 26 de marzo de 2026, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación do cambio de uso dotacional deportivo, de titularidade pública, das parcelas 5878925NH4557N0001AB (campo Lino Balado) e 5878924NH4557N0001WB (centro deportivo Juanito Amigo), por un uso dotacional deportivo-educativo, así como o uso dotacional educativo, de titularidade pública, das parcelas 5878913NH4557N0001XB (CEIP) e 5878912NH4557N0001DB (CEIP ampliación), por un uso dotacional deportivo-educativo.

Segundo. Publicar o correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Oroso.

O que se publica para xeral coñecemento e faise saber que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Oroso, 27 de marzo de 2026

Alexander Doval Expósito
Alcalde