O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2025, adoptou entre outros o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a modificación do uso da parcela con referencia catastral 15061A501011760000MD do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Oroso, de xeito que pase do uso dotacional deportivo de titularidade pública que actualmente ten a un uso dotacional deportivo-sociocultural de titularidade pública, co fin de poder incorporar un local social.
Segundo. Publicar o correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello de Oroso.
O que se publica para xeral coñecemento e faise saber que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Oroso, 27 de marzo de 2026
Alexander Doval Expósito
Alcalde
