DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para obter o solo destinado ao sistema xeral educativo 06-02 (PB no ámbito da APD AR-D1.7), ampliación do colexio de Sada e as súas contornas.

O Pleno do Concello de Sada, en sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2026, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención de solo destinado ao sistema xeral educativo 06-02 (PB) para a ampliación do CEIP Sada e as súas contornas.

Segundo Abrir un período de información pública por prazo dun mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que, quen poida resultar interesado, formule as observacións e reclamacións que xulgue convenientes, en particular no que afecta a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Ademais, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello https://sede.sada.gal

Terceiro. Notificar este acordo aos propietarios e titulares de dereitos afectados, e xuntaranse coa notificación a súa respectiva folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Sada, 31 de marzo de 2026

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde