DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO de 3 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Barro que supón a extinción da concesión con clave DH.A36.01924 (expediente DH.A36.90042).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Juan Carlos Taboada Sarmiento.

Expediente: DH.A36.90042.

Volume total anual: 262,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,25 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous (2) mananciais situados nas parcelas 270 do polígono 91 e 6 do polígono 237 do Catastro de Barro.

Lugar: A Cancela.

Parroquia: A Portela.

Concello: Barro.

Descrición:

A auga dos mananciais condúcese a un depósito na parcela 41, polígono 91, desde o que segue á vivenda na parcela 183, polígono 209, para o abastecemento desta.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de marzo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur