En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Pascale Hardy.
Volume total anual: 1.365 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1 l/s.
Destino: abastecemento e recreativo (piscina).
Orixe: pozo (parcela con referencia catastral 27038A18300035).
Lugar: O Viso.
Parroquia: Ourol.
Concello: Ourol.
Descrición do aproveitamento:
Aproveitamento de augas para o abastecemento dunha aldea de turismo rural. As augas cáptanse mediante un pozo de 10 m de profundidade e 125 mm de diámetro, equipado cunha bomba somerxible nas coordenadas x: 608.514, y: 4.820.256 (UTM ERTS-89, fuso 29), desde onde se deriva a auga a un depósito de 5.000 l de capacidade que distribúe a auga aos aloxamentos turísticos e á piscina, situados nas parcelas con referencia catastral 27038A18300035, 27038A18300083 e 27038A18200034.
A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 16 de marzo de 2026
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
