DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25196

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2025.

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que son concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean a contribuír ou que contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 16 de abril de 2026,

DISPOÑO:

A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición de 2025, ás seguintes persoas e entidades:

Alejo Crespo Díaz, Ana Abuín Pazos, Andrea Díaz Moirón, Aniceto «Tito» Fernández Fernández, Antonio Dacosta Iglesias, Beatriz Hermenegilda Alberte Castiñeiras, Carlos Devesa Santalla, Carlos Veiga García, Céltiga Fútbol Club, César Pérez Padrón, Claudia Paola Rodríguez Teijeiro, Club Deportivo Estradense, Eduardo Lamas Sánchez, Emilio Navaza González, Enrique Rozas López, Fino Fonticoba, Francisco Doblas Bermejo, Gran Peña F.C., Gumersindo Manuel Rodríguez Bernardo, Isidro Otero García, Javier Martínez Villanueva, José Ruiz López «Jorulo», José Luis Macey, José Pereira Domínguez, José Ramón Lete Lasa, Juan Ángel Probaos Barral, Juan Antonio Varela Torrente, Juan Carlos Corredoira Rodríguez, Juan Luis Villamisar Méndez, Juan Rodríguez Doce, Julio Antonio Flores Pérez, Julio Sobrado Carreiras, Luis Villasenín Liñares, Manuel Blanco Guerra, Manuel Piñeiro Froján, Manuel Piñón Cordo, María del Carmen «Pipi» Pérez Conde, María Jesús «Chus» Torres Fondevila, Marta Patricia Souto González, matrimonio Chuco Barreiro e Maruja Barral, Mirta Escudero Díez, Modesto López Nóvoa, Moncho Viñas, Pilar Vázquez Cobelas, Ramón Vázquez Mayo, Real Club Náutico de La Coruña, Santiago Domínguez Oliveira, Sara Álvarez Folgueira, Tyde F.C., Vicente Carril, Yoraxi de los Ángeles Meleán Álvarez.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente