DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de abril de 2026, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se dá audiencia á persoa interesada no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta área provincial acordou o inicio do expediente de baixa de oficio co fundamento xurídico recollido nos artigos 42.1, 44.2, 44.3 e 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, así como no artigo 69.1 e 3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia para que no prazo de dez (10) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes. Pode examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia.

Pontevedra, 7 de abril de 2026

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Razón social

Enderezo

Concello

Ribago

H-PO-001104

Victoria Basdedios Méndez

Vilar, 32, Vilalonga

Sanxenxo